martes, 17 de marzo de 2009

Como arrancar de mi un anaco de alma e supoñer poñeo neste anaco de papel, algo que che chegase , que tocase algun recordo, que deixase un son en ti... ou evocase un aceno de melancolia ou pasada complicidade... nunca respondiches e talvez sexa iso o que fai que estas sexan liñas au vento. Baleire de palabras. E é que aínda que che ecriba non hau comunicación. E despois penso que o teu non define o meu, pero no amor o teu completa o meu...


Difícil poñer amor, dor, esas palabras, falar deses significados contigo. Porque non soamente soa afastado senón que tamén soa a mentira. Máis teu que miña.


Deixar de escribirte, deixar esas intensidades que xa nada vale. Alguen me mira, descóbreme recordándote. Nalgún lugar estas aínda que te quiera arrancar.


Aínda me custa un pouco a distancia instalada entre os dous, pero tal vez sexa solo indiferenza. Igual te fuches, vaste, voume.


Un lugar na historia que invento. Bótoche de menos aínda que xa nunca preguntaras por mi, aínda que nunca dubidaras.

No hay comentarios: